miércoles, 27 de febrero de 2013

RECURSOS gratuítos na rede

Open Clip Art Gallery. Un sitio web que contén unha inxente cantidade de deseños e gráficos vectoriais ofrecidos de forma libre pola e para a comunidade. O formato no que están os deseños é o formato libre SVG.

 Banco de Imaxes e Sons. Un espacio web do Ministerio de Educación e Ciencia que nos ofrece miles de imaxes vectoriais e de mapa de bits (asemade, sons e incluso vídeos) libres de dereitos de autor para que poidades empregar do xeito que máis os guste.

De logo a logo. Manual sobre o uso de Inkscape e centrado sobre as súas posibilidades no campo do deseño de logotipos realizado por Joaclint Istgud.

Brandnew. Páxina en inglés que amosa os cambios nos deseños dos logotipos de innumerable empresas, grupos, comercios, etc... ó longo do tempo.

Brands of the World. Páxina en inglés que recolle innumerables logotipos de marcas de todo o mundo. Se presentan vectorizadas e listas para usar.

Os 10 mellores logotipos nunha banda de rock segundo a revista Rolling Stone.

Vectors for Free. Unha extensa colección de imáxenes vectoriais gratuítas para empregar nas vosas creacións. En inglés.

Logotypes. Outra páxina repleta de logotipos das principais marcas do mundo. É unha páxina rusa, pero poño o enlace á súa versión en inglés. Xa ten os seus anos.

LETRAMANIA. Miles de tipos de letra para descargar de forma gratuíta. ___________________
Más índices:
También puedes probar en:

Yotophoto Free photos search engine

jueves, 14 de febrero de 2013

O Xogo da Semana: Kings Game 2 e Frogout

Rematada xa a resaca do Antroido, e en vistas dun día pouco productivo, disfrutemos dos seguintes xogos:

KINGS GAME 2

Usa as catapultas para destruír ós enemigos

FROGOUT

Eres unha rá. Usa a túa lingua para pegarte ás cousas e chegar ás moscas para comelas. Que aproveite.

Contenido EXTRA:

CAT AROUND EUROPE

Eres un gato ó que lle encanta comer. Elimina os elmentos do escenario que separar ó gato da súa comida.

lunes, 4 de febrero de 2013

Recuperando a tradición no Entroido: Xoves de Abadesas

As Asociacións MAREARTE e PETRONILO recuperan, neste documental, a vella tradición boirense do Xoves de Abadesas, esquecida nos entroidos actuais.

Conta a lenda que na Abadía de San Enrique escondían ás donas para estar a salvo dos seus pretendentes, pero que no Entroido a chamada da carne sublimábase nunha noite de desenfreno, onde os mozos vestidos de monxas e abadesas, desafiaban os límites do encerro das súas amadas.

Este Xoves realizarase unha Romería Tabernaria conmemorando e revitalizando tan descoñecido e lúdico evento.



lunes, 28 de enero de 2013

O(s) Xogo(s) da Semana: Collider e Rolling Home

Ola.
Preséntovos o máis complicado de todos os xogos: Collider.

Nel deberás dispor as esferas negativas e positivas de xeito que ó chocar entre elas se anulen. Ganas o xogo cando non quede ningunha no escenario.

Ás veces o escenario é móbil, con interruptores que accionan mecanismos. Se eres quen de completalo, poderás considerarte un mestre dos xogos flash. (a min costoume un bo cacho a partir do nivel 15)

Sen máis. O grande reto.

_______________________________________________________________________________________ Rolling Home (Home é fogar en inglés, non a persoa de sexo masculino) é un xogo de físicas onde pulsando sobre os obxetos os faremos sensibles ás forzas do rozamento, gravidade, etc.

Recolle as estrelas e fai que o bicho redondo caia en casa.

martes, 8 de enero de 2013

PracTICa 10: Anímate co GoAnimate

Esta semana imos xogar co GoAnimate, un servicio web que nos permitirá facer debuxos animados nun periquete, e incluso tunear a unha personaxe para que se pareza a nós.
Ainda que está en inglés, é moi intuitivo e visual, en ten moreas de opcións.

Os resultados pódense publicar na rede ou directamente nalgúns dos máis populares servizos de comunidade, como Facebook e similares.

Hay que rexistrarse para poder utilzalo, o que requerirá que usedes a conta de correo electrónico que creádeches para a asignatura en gmail.

Accedede dende eiquí: GoAnimate

Podedes atopar máis información sobre a aplicación e tutoriais na rede tecleando "goanimate" no teu buscador favorito.

GoAnimate.com: Presentación by Pascual

Like it? Create your own at GoAnimate.com. It's free and fun!

A tarefa.

O que tendes que facer é redactar un traballo para unha das asignaturas que cursades, utilizando en vez da narrativa habitual unha animación feita co GoAnimate.

Por exemplo, en Economía podedes explicar os dereitos do traballador, ou en Música a vida de tal compositor, ou os pasos que ten unha sinfonía, ou en Grego podedes falar das declinacións,etc... as posibilidades son infinitas.

Antes de acometer o proxecto, tendes que explicarme o que queredes facer para ver se é viable. Lembrade que se trata dun traballo de primeiro de bacharelato, circunscrito ó contexto do instituto, polo que deberedes coidar tanto a linguaxe empregada (palabrotas non) como a ortografía.

Ah, sería interesante que o traballo sexa visto tamén polo profesor encargado da asignatura en cuestión. O ideal sería que fose por si mesmo un traballo como calquera outro que facedes a cotío, puntuable e todo iso,... pero supoño que moitos profesores non están preparados aínda para o multimedia, ainda que quizá nos sorprendería.

Por último, insistir en que coidedes a calidade do traballo, sen copias descaradas da primeira referencia que atopades no google, e coa suficiente profundidade para que non pense que en realidade isto é 5ª da ESO.

Veña, sorprendédeme. Adiante coa creatividade ;)

Data de Entrega: por determinar

Un exemplo chorras: Ryu vai á sauna

GoAnimate.com: Ryu va a la sauna by Pascual

Like it? Create your own at GoAnimate.com. It's free and fun!