Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de junio de 2013

O Xogo da Semana: Screw the Nut

Preséntovos unha saga que recolle a máis grande historia de amor do videoxogo.
Descubre as desventuras dos máis aventureiros e amorosos namorados: rosca e parafuso.




Destrúe os obxectos que se interpoñen no camiño que levará a Rosca a atoparse con seu querido Parafuso.

Non apto para corazóns sensibles.

miércoles, 5 de junio de 2013

O Xogo da Semana: Disaster Will Strike 2

Golpearán as catástrofes, haberá cataclismos!
Aniquila á malévola raza dos esferoides, que queren facerse pasar por ovos cun siniestro plan para controlar á poboación non vegana.
Quen sabe, por se acaso eu faríame vegano.

DISASTER WILL STRIKE 2


Engadido a última hora, un xogo surrealista a modo de aventura gráfica, onde has de axudar a un híbrido simiesco a avanzar, usando os obxectos que atopes na pantalla.

Monkey GO Happy 6

lunes, 13 de mayo de 2013

O Xogo da Semana: Unfreeze Me 2, Soccer Balls 2 Level Pack e Doctor Acorn

Comezamos a semá tomando un respiro despois de rematar a web feita en WIX.
Porque xa a remataches, verdade?

Para xogadores que busquen algo sinxelo sen moitas complicacións presentamos

Unfreeze Me 2, a continuación do exitoso xogo no que tes que desconxelar a uns paxariños botándolles auga enriba. Enchendo as ánforas gañarás máis puntos.



Aqueles xogadores que desexan poñer a súa habilidade cunha proba máis existente propoñemos Doctor Acorn, onde teredes que levar a unha bellota ata o final do xogo utilizando diversos mecanismos. Recoller as bellotas douradas abrirán un minixogo final. Serás quen de tal logro? Non sei eu...



E de regalo para os máis futboleros



E o próximo día a traballar a reo!

lunes, 8 de abril de 2013

O Xogo da Semana: Sticky Blobs

En  STICKY BLOBS  terás que controlar unhas amebas que se reproducen por mitosis, e que non se poden desprazar.
Poderás ir creando un camiño de amebas reproducíndoas e regresando o material constituínte se as destrúes, coa meta de acadar o amoroto.

jueves, 14 de febrero de 2013

O Xogo da Semana: Kings Game 2 e Frogout

Rematada xa a resaca do Antroido, e en vistas dun día pouco productivo, disfrutemos dos seguintes xogos:

KINGS GAME 2

Usa as catapultas para destruír ós enemigos

FROGOUT

Eres unha rá. Usa a túa lingua para pegarte ás cousas e chegar ás moscas para comelas. Que aproveite.

Contenido EXTRA:

CAT AROUND EUROPE

Eres un gato ó que lle encanta comer. Elimina os elmentos do escenario que separar ó gato da súa comida.

lunes, 28 de enero de 2013

O(s) Xogo(s) da Semana: Collider e Rolling Home

Ola.
Preséntovos o máis complicado de todos os xogos: Collider.

Nel deberás dispor as esferas negativas e positivas de xeito que ó chocar entre elas se anulen. Ganas o xogo cando non quede ningunha no escenario.

Ás veces o escenario é móbil, con interruptores que accionan mecanismos. Se eres quen de completalo, poderás considerarte un mestre dos xogos flash. (a min costoume un bo cacho a partir do nivel 15)

Sen máis. O grande reto.

_______________________________________________________________________________________ Rolling Home (Home é fogar en inglés, non a persoa de sexo masculino) é un xogo de físicas onde pulsando sobre os obxetos os faremos sensibles ás forzas do rozamento, gravidade, etc.

Recolle as estrelas e fai que o bicho redondo caia en casa.

lunes, 29 de octubre de 2012

O Xogo da Semana: Especial Noite de Defuntos.

Halloween, Samhain, Todos los Santos, Difuntos,... sea como sea a cultura que o nomee, a noite do equinoccio de Outono representou sempre unha época na que as barreiras entre o meundo dos mortos e dos vivos faise máis difusa.

Disfruta pois do especial Noite de Defuntos xogando a estes xogos seleccionados.

HAUNTED HALLOWEEN
Devólvelle a cabeza ó señor Osos. Ten coidado coas mans malignas dos zombies que quererán impedilo e aproveita o entorno para elo.

Dispara e devolve o Vampiro ó ataude, a Momia ó Sacófago e a Bruxa ó caldeiro.


CUT AND KILL HALLOWEEN
Corta a madeira para recoller os premios e consigue que as cabezas se destrúan.


martes, 9 de octubre de 2012

O Xogo da Semana: GLUEY 2

Chega o Outono e pouco a pouco a paisaxe vaise voltando gris e deprimente. 

Pois non nos deprimamos, recurramos á explosión de cores que nos presenta o seguinte Xogo da Semana!!

Neste xogo teremos que eliminar ós bichocos xuntando os do mesmo color e pinchando neles. Complicarase pouco a pouco. A ver quen é o que o remata con maior puntuación.

martes, 2 de octubre de 2012

O Xogo da Semana: Castle Destroyer

Unha nova semana máis imos dispoñer dun tempo de ocio para agudizar as neuronas, que falta nos fai.
Neste caso, trátase dun xogo dos que se chaman de "deconstrucción", no que trazaremos co cursor unha línea que pode cortar os bloques presentes en cada nivel, de xeito que consigamos que a construcción se derrumbe por debaixo da líña horizontal marcada.

Dependendo do nivel poderemos utilizar un corte ou máis.

A ver quen e quen de completalo ¡Eu xa o fixen!

Veña, a darlle ó Castle Destroyer


miércoles, 26 de septiembre de 2012

O Xogo da semana: STICKY LINKY

STICKY LINKY

Trátase dun xogo de estratexia tipo puzzle no que deberemos pulsar co rato nos grupos de dous ou máis bichos dunha cor determinada para facelos desaparecer.

Se pulsamos nun grupo de cinco ou máis bichos, convírtense nun súperbicho, que poderemos facer desaparecer da mesma forma que ós bichos máis cativos, só que a meta é conseguir facer desaparecer tantos súperbichos como follas de parra haxa na rama de arriba á dereita.

O xogo complicarase, aparecerán enemigos, power-ups, etc...