Mostrando entradas con la etiqueta google maps. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta google maps. Mostrar todas las entradas

miércoles, 3 de octubre de 2012

Curiosidades en torno o Google Street Maps e View

Os mapas xeolocalizados de Google teñen miga.


Observa estas ligazóns relacionadas e observa a cantidade de contidos que existen ó redor a estas fabulosas aplicacións.


As fotos máis divertidas no Google Street View 
























GOOGLE EARTH


A este marabilloso programa se lle poden atopar máis funcionalidades das imaxinables.


Aquí hai un Blog que comenta as aplicacións desta ferramenta de vista aérea.


Este Blog está especializado en viaxes usando Google Earth. Nel poderemos encontrar arquivos KML para incorporar ós nosos Goglle Earth e poder ver as traxectorias dos avións comerciais en tempo real (atrasos incluidos), ou como marcar as rutas que facemos nun mapa, por exemplo.



Blogs con contidos educativos relacionados, dende xeografía a astronomía.


Este Blog comenta curiosidades e innovacións destas ferramentas.


Pilota un F1 en Google Earth.


Un curioso vídeo no que se amosa unha especie de película usando o Google Earth e os modelos creados con Gooogle SketchUp.




Visualizar o mapa ampliado CAPTURADO O FOTÓGRAFO DE GOOGLE STREET VIEW
Ver mapa más grande

martes, 2 de octubre de 2012

PracTICa 01: Google MAPS

Deberás enlazar e publicar no teu blog os seguintes recursos extraídos de Google Maps.

1- Un mapa coa posición da túa casa. Se queres manter ese dato na intimidade, usa a cambio o Concello, que ó fin e o cabo se lle chama "A casa do Pobo". O nivel de aproximación debe de ser suficiente como para poder guiarse polas rúas. Se presentará unha versión en mapa de satélite e outra en callexeiro.

2- Amosa unha ruta que sigas a cotío. Pode ser o percorrido do bus ó vir ó insti, ou a ronda de bares que facedes os teus colegas e ti os sábados, ata o percorrido para ir dende casa á vosa praia favorita no verán. O importante é facer un percorrido máis ou menos local, e amosalo no voso blog.

3- Unha vista co motor "street view" dun monumento ou lugar famoso e reconocible.

4- A ruta dende o Concello de Boiro (ou outro lugar relacionado convosco) ata o destino internacional que sempre quixéchedes visitar. Dende as praias do caribe ós llanuras heladas de Siberia, pasando polas ruínas de Petra, Exipto ou Xerusalem... ou a exhuberancia urbana de New York ou Shangai. Escollede vos e mirade os datos relacionados.

Podes ver exemplos despois do salto.