jueves, 13 de junio de 2013

O Xogo da Semana: Screw the Nut

Preséntovos unha saga que recolle a máis grande historia de amor do videoxogo.
Descubre as desventuras dos máis aventureiros e amorosos namorados: rosca e parafuso.




Destrúe os obxectos que se interpoñen no camiño que levará a Rosca a atoparse con seu querido Parafuso.

Non apto para corazóns sensibles.

lunes, 10 de junio de 2013

Manual para profundizar en GIMP

Aprenda GIMP a los tropezones é un ebook e libro online con consellos sinxelos para profundizar no manexo do GIMP.
É un libriño feito por Iris Fernández no 2012  e ten 33 páxinas.

Nesta canle de Youtube de hai unha serie de vídeo onde vos guían pola aprendizaxe deste editor de fotos.

E no sitio de Jesusda atopareden un bo feixe de leccións relacionadas.

jueves, 6 de junio de 2013

100 fotógrafos que molan

En el Blog del Fotógrafo han hecho una recopilación con 100 entradas a autores realmente interesantes.

DISFRÚTALOS:

miércoles, 5 de junio de 2013

O Xogo da Semana: Disaster Will Strike 2

Golpearán as catástrofes, haberá cataclismos!
Aniquila á malévola raza dos esferoides, que queren facerse pasar por ovos cun siniestro plan para controlar á poboación non vegana.
Quen sabe, por se acaso eu faríame vegano.

DISASTER WILL STRIKE 2


Engadido a última hora, un xogo surrealista a modo de aventura gráfica, onde has de axudar a un híbrido simiesco a avanzar, usando os obxectos que atopes na pantalla.

Monkey GO Happy 6

martes, 4 de junio de 2013

Podcasting

Podcasting é un neoloxismo provinte do inglés que fai alusión ó termo podcast, que ven a ser unha especie de grabación de radio ou audioblog que os usuarios poden escoitan en liña ou ben descargar ós seus dispositivos multimedia favorito, mp3, móviles.

Os podcasts ofrecen a posibilidade de crear audiencias alternativas á radio tradicional, o que proporciona unha plataforma para tratar todo tipo de temas sen unha censura ou guía editorial.

Hai podcast de todo tipo, explora que seguro que atopas o que mellor se adapta ós teus gustos.

Podes explorar o podcasting dende:






iTunes






Hai moitas máis alternativas, pero escollo estos dous centralizadores de podcasting pois dende aquí poderedes acceder a case todos os podcast que desexedes. Ivoox podedes atopalo gratuíto para tablets e móbiles tamén.



jueves, 30 de mayo de 2013

PrácTICa 17: Sons con Audacity

Unha vez vistos os rudimentos para usar o Audacity haberá que realizar as seguintes actividades ou exercicios, de xeito individual.

Entre todas estas has de facer as dúas primeiras e podes escoller unha terceira entre as restantes que máis te chamen a atención ou te gusten, lembra, sendo as dúas primeiras obrigatorias para tod@s. (É dicir, hai que facer a 1 e a 2 e outra máis a escoller).

1.- Creación dunha narración mesturando voz humana e efectos sonoros e/ou música. Pódese crear un conto infantil, un poema, una narración similar a unha radionovela, una lección de clase, etc... a imaxinación marca o límite. A duración do traballo non debería ser inferior a un minuto.

O texto interpretado pola voz human non ten que ser orixinal e pode ser unha adaptación. Nese caso deberedes citar ó autor.

Recoméndase facer en galego sempre que se poida, aínda que non é obrigatorio.

2.- Creación dun ambiente sonoro. Usando diferentes sons crearemos un ambiente sonoro concreto. Por exemplo, un día de praia, unha noite de verán, o barullo dun patio de recreo,... o que queiramos. Teranse que presentar ademais do resultado final os diferentes sons usados para facer a mestura.

___________________________ e aparte...________________________


3.- Simulación de programa radiofónico de música. Consiste en coller un audio musical (ou un fragmento) e facer unha introdución narrada simultánea co audio, facendo que o volume da música baixe mentres o presentador fala, e viceversa. A duración aproximada será a dunha canción.

4.- Redeseño dun son. Usando as diferentes ferramentas e efectos do Audacity colleremos un son concreto e o transformaremos noutra cousa completamente diferente. Presentarase o antes e o despois.

5.- Cuña publicitaria. Usando unha mestura de sons e de voz humana, deseña unha cuña publicitaria que nos pode vender un producto, un servizo, ou ben denunciar ou gabar algo que vos preocupe.



Lembra ir guardando os teus traballos na túa conta de Google Drive ou ben nun dispositivo externo de almacenamento.

miércoles, 29 de mayo de 2013

Bancos de Recursos: Sons

Os Bancos de recursos son lugares onde existen arquivados e clasificados determinados tipos de ficheiros.

Neste caso os enlaces seguintes vannos levar a Bancos de recursos especializados en arquivos de son e música, estupendos para utilizar nas nosas producións dado que son de dominio libre, isto é, que se poden usar de balde.

Banco de Recursos do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC), repleto de imaxes, vectores, sons, vídeos,...

Soungle. Unha extensa colección de sons de todo tipo. É interesante facer as búsquedas en español, pero tamén en inglés, porque é un banco de recursos internacional.

Sonidos Gratis. Portal sudamericano con sons gratuítos. Non é moi extenso e incorpora publicidade, pero é unha mostra máis do que podedes atopar na rede sen demasiado esforzo.

Música

En numerosas ocasión vémonos na necesidade de engadir música ós nosos traballos ou producións, e a tentación de empregar melodías de actualidade ou dos nosos grupos favoritos é moi alta, pois ó fin e o cabo, é a música que nos gusta.

Nambergantes, dita música está practicamente sempre suxeita a unha serie de dereitos que protexen a propiedade intelectual, o que nos obrigaría a pagar unha serie de costas ou royalties, ou mesmo a ser denunciados, se difundimos a nosa creación.

Iso sucede porque os artistas están protexidos por unha serie de entidades de xestión dos dereitos de autor, como a arquicoñecida SGAE, que se encargan de rastrear os eventos provistos de música para asegurarse de que pagan as taxas correspondentes.

A mellor solución para evitar estas cousas é utilizar música libre de dereitos de reprodución. No mundo hai milleiros de músicos, a veces de gran talento, que non están vinculados a discográficas ou simplemente teñen o interese de distribuír a súa música libremente e cobrar polas actuacións en directo.

As licencias que cobren estas músicas van dende cobros realmente simbólicos a acordos copyleft ou creative commons.

Vale moito a pena bucear un pouco en busca de temas musicais que non teñen nada que envidiar ós que xa coñecemos. e de paso nos culturizarmos musicalmente un pouco máis.

Algunhas direccións populares dende onde comezar a buscar son as seguintes.

JAMENDO
A páxina en castelán máis popular. Trátase dun portal especializado en música onde os artistas, moitos deles de grande talento pero sen o apoio dunha discográfica, presentan e comparten os seus traballos.

FREE PLAY MUSIC Ten artistas e tamén efectos de son.

ROYALTY FREE MUSIC Aquí os músicos regalan mostras de pouca calidade e cobran prezos simbólicos (para unha produtora, claro) por usar os seus temas.

ROYALTY FREE KINGS Un sitio con música sinfónica (sen voces) realmente espectacular e clasificada por temas. Podes usar plug-ins como o videodownloadhelper paradescargar as cancións, sempre que non haxa afán de lucro.

Edición de Son III. Software de Edición de Audio.

Software para Edición de Audio

CDEX

CDex
CDex é unha aplicación de software libre orientada ao ripeo e conversión de audio. Permite realizar toda clase de tarefas relacionadas co son dixital, aínda que está centrado principalmente na extracción de pistas e conversión de arquivos de audio a formato comprimido. Con CDex é moi sinxelo converter a túa colección de CDs nunha colección de arquivos mp3/ogg. Na maioría dos casos pódese, ademais, descargar os títulos das cancións, artista e outros datos do CD a converter.
Pódense extraer as cancións de forma individual ou de todo o disco, incluso unha parte dunha canción indicando o tempo inicial e o final. Os formatos obtidos son wav e mp3 e é realmente unha boa ferramenta para facer un respaldo das cancións que tés nun CD e que queiras ter en mp3 para gañar unha maior potabilidade. Ademais, está compilado con soporte para a maioría dos codificadores e dispoñible, tamén, para Sistemas Linux (LCDex); aínda que o orixinal está en inglés, é posible traducilo a múltiples idiomas.

AUDACITY

Audacity
Audacity é un fantástico editor multiplataforma (Windows, GNU/Linux e Mac) libre e de código aberto destinado á edición e tratamento do son. Multipista, permite gravar sons, converter cintas e gravacións a son dixital ou CD, editar arquivos OGG, MP3 e WAV, cortar, pegar, ensamblar e mesturar sons, cambiar a velocidade ou o ton dunha gravación, axustar os volumes, gravación temporizada, mesturar pistas, etc. Ademais, inclúe un amplo abano de efectos, algúns deles de gran complexidade, como eliminación de ruídos ou análise de frecuencias.

VLC

VLC
VLC media player (inicialmente VideoLAN Client) é un reprodutor multimedia do proxecto VideoLAN; é un software libre distribuído baixo a licencia GPL. Soporta moitos códecs de audio e vídeo, así como diferentes tipos de arquivos, os formatos de DVD, VCD e varios protocolos streaming. É un dos reprodutores máis independentes, en canto a plataforma se refire, con versións para Linux, Microsoft Windows, Mac OS X, BeOS, BSD, Pocket PC, Solaris. Existe unha versión portátil de VLC media player que pode ser transportada e usada directamente desde unha memoria USB sen necesidade de instalarse no computador.

Edición de Son II: Formatos Dixitais de Audio

Formatos Dixitais de Audio.

Formato WAV

O formato WAV, (Waveform Audio Format) é un formato de arquivo orixinario de Microsoft Windows 3.1 e ten normalmente a extensión ".wav". É o formato para almacenar sons máis utilizado polos usuarios de Windows; o flexible deste formato faino moi usado para o tratamento do son pois pode ser gravado en distintas calidades e tamaños, con frecuencias que van desde os 11025 aos 44100 KHz. Aínda que os arquivos Wav poden ter un excelente son comparable ao do CD (16 bytes e 44,1 Khz. estéreo) o tamaño necesario para esa calidade é demasiado grande (especialmente para os usuarios de Internet). Unha canción almacenada en Wav pode ocupar facilmente entre 20 e 30 Mb. A opción máis pequena é gravar a 4 bits e a freciuencia o máis baixa posible. O problema desta opción é a baixa calidade do son obtido, os ruídos, a estática, incluso cortes no son. Por esta razón case sempre se usa para mostras de son. A súa ventaxe é a súa compatibilidade para convertirse en outros formatos.

Formato MP3

MP3, tamén coñecido por MPEG-1 Audio Layer 3, é un formato de compresión de audio desenrolado polo Moving Picture Expert Group, (deseñadores e programadores de normas de compresión de audio e video) traballando baixo a dirección de International Standards organizatión (ISO). Os arquivos así comprimidos identifícanse coa extensión ".mp3". A calidade de son do MP3 e o seu pequeno tamaño fixérono moi popular en Internet.
Ao usar o formato MP3 pódese reducir a pista dun CD a un factor de 12 a 1, (1 minuto de calidad CD en formato MP3 equivale a 1MB aprox.). O uso máis corrente que se dá a estes formatos é o de almacenamento de música polo que primeiro se debe gravar o CD no disco duro do computador para logo pasalo ao formato MP3; para isto cómpre ter un Ripeers que pase desde formato CDA (CD) a Wav, (existen algúns CD que non aceptan ripeado), e logo debe terse un encoder, programas que pasa de formato Wav a MP3. Hai que ter en conta a calidade que se desexa: a maior tamaño de arquivo, maior calidade. Esto especifícase elixindo os Kbps (512, 256, 128, 64, 32, 20, 16), os Khz (48000, 44100, 32000, 24000, 22050, 16000, 11025, 8000) e se é estéreo ou mono e como é a calidade do Wav que se está traballando. A desavantaxe do mp3 é que ten patente, o que impide á comunidade seguir mellorándoo e incluso podería obrigar a pagar pola utilización de algún códec.

Formato OGG Vorbis

Ogg é un formato de arquivo contedor multimedia, desenrolado pola Fundación Xiph.org. O formato é libre de patentes e abierto ao igual que toda a tecnoloxía de Xiph.org, deseñado para dar un alto grado de eficiencia no "streaming" e a compresión de arquivos. Os arquivos rematan na extensión ".ogg".
Como coa maioría de formatos contedores, Ogg encapsula datos comprimidos. O nome "Ogg" refírese polo tanto ao formato de arquivo que inclúe un número de códecs separados e independientes de vídeo e/ou audio, ambos desenrolados en código aberto. Vorbis é un códec de audio libre de compresión con perda. Forma parte do proxecto Ogg e entón é chamado Ogg Vorbis e tamén só ogg por ser o códec máis comunmente atopado no contedor Ogg.
Iniciativa Play OGG:
Iniciativa Play OGG

Formato WMA

Windows Media Audio o WMA é un formato de compresión de audio con perda, aínda que recentemente desenrolouse de compresión sen perda, é propiedade de Microsoft.
Compite co MP3, antigo e bastante inferior tecnicamente; e Ogg-Vorbis, superior e libre, usando como estratexia comercial a inclusión de soporte no reproductor Windows Media Player, incluído no seu popular sistema operativo Windows.
Aínda que o soporte deste formato se ampliou desde Windows Media Player e agora se encontra disponible en varias aplicacións e reproductores portátiles, o MP3 continúa sendo o formato máis popular e por isto máis extendido.

Outros Formatos

Existen moitos outros formatos de compresión de audio, como AC3, FLAC ou RealAudio.

Programa Conversor de Formatos:

  • Switch: Conversor gratuito de arquivos de audio (Ogg, Mp3, Wma, etc.)

Edición de Son I: Fundamentos da Edición de Son.

Natureza do Son

Para comprender as características do son dixital, primeiro farase unha pequena introdución das características do son e os seus conceptos máis básicos.
O son consiste en vibracións das partículas de aire que se propagan ata chegar aos nosos oídos. A audición nos seres humanos dase cando unha vibración ten unha frecuencia comprendida entre os 15 e 20.000 hertzios, e cando a súa intensidade sexa a suficiente para chegar ao oído interno. Cando as vibracións saen destas marxes fálase de ultrasons e non son perceptibles ao ser humano.
As características do son pódense medir: en unidades de hertzios (Hz) determínase a frecuencia dun son (cantas veces vibra nun segundo), e en decibelio (Db) cuantifícase a intensidade (amplitude) dunha onda.
O oído e un micrófono incorporado á tarxeta de son teñen un funcionamento similar. Ambos transforman as vibracións do aire nun sinal eléctrico que pode ser comprendido e almacenado polos seus respectivos cerebros. Este sinal pode ser gardado, manipulado ou reproducido polos medios electrónicos axeitados.

Mostra de sons con distinta frecuencia.

Son Dixital

Os sistemas de audio dixital dispoñen de circuítos eléctricos que permiten rexistrar a música. Estes circuítos almacenan unha longa cadea de números (dixitalización ou mostreo) cun dispositivo chamado conversor analóxico- dixital (ADC), que se encarga de monitorear a evolución da onda e asignarlle a cada momento un valor numérico; finalmente, ese valor numérico é decodificado por un conversor chamado dixital-analóxico (DAC).
A calidade do son depende da frecuencia do mostreo e da resolución.
Frecuencias de mostreo ou de sampleo, reférense ao numero de medicións que se fan por segundo. Canto maior sexa o número de mostras mellor é a calidade do son. Por exemplo: se a velocidade de mostreo é de unha cada segundo as variacións do son que se produzan no intermedio non serán rexistradas. Ao baixar moito a frecuencia de mostreo o son vólvese opaco ou pouco nítido pois pérdense as frecuencias agudas.
Según estudos, a frecuencia de mostreo debe ser o dobre do son máis alto que se poida escoitar; dado que o oído humano pode escoitar aproximadamente ata os 20.000 Hertzios, a frecuencia óptima de mostreo será de 44,1 Khz. (44.100 hertzios): esta é a frecuencia que se usa nos CD de música. Como os instrumentos ou as voces humanas non pasan a frecuencia dos 10 Khz., cuhna frecuencia de mostreo de 32 Khz. é máis que suficiente.
A resolución fai referencia á exactitude das medidas de frecuencia. Mídese en bits. Se a resolución é de 8 bits, temos 256 niveles posibles (2^8=256). Se se amplía a 16 bit o rango exténdese a 65535 (2^16=65536). Como referencia pódese dicir que un disco compacto grávase a 44,1 Khz. e a unha resolución de 16 bits.
Se se desexa dixitalizar 3 minutos de música a un mostreo de 44,1 Khz. e almacenando por cada mostra dous bytes (16 bits) obtense o seguinte:
3min x 60 seg/min
x 44100 mostras/seg
x 2 bytes/muestra
---------------------------
15.876.000 bytes
O cálculo indícanos que para almacenar unha canción de tres minutos con calidade profesional necesitaranse 16 MB aproximadamente. É aquí onde xorde o problema, pois aínda que os discos duros ou outros medios de almacenamento creceron moito, ter varias cancións significaría ocupar gran parte do disco do computador. Para solucionar este problema desenroláronse formatos de arquivo que permiten realizar gravacións de son con moi boa calidade usando un método de compresión.

Glosario

Frecuencia
Indica o número de repeticións dun fenómeno por unidade de tempo.
Resolución
Indica o número de bits con que se vai compoñendo/codificando un sinal.
Bitrate
Ou taxa de bits, indica o número de bits que se transmiten por unidade de tiempo.
Códec
Abreviatura de COmpresor-DECompresor, describe unha especificación ou forma de codificar un sinal.
Streaming
Termo que se refire a ver ou oír un arquivo de vídeo ou audio directamente nunha páxina web sen necesidade de descargalo antes ao ordenador.

Visita o Blog da Biblioteca do IES Praia Barraña

Visitade o Blog da Biblioteca do IES Praia Barraña de Boiro

lunes, 13 de mayo de 2013

O Xogo da Semana: Unfreeze Me 2, Soccer Balls 2 Level Pack e Doctor Acorn

Comezamos a semá tomando un respiro despois de rematar a web feita en WIX.
Porque xa a remataches, verdade?

Para xogadores que busquen algo sinxelo sen moitas complicacións presentamos

Unfreeze Me 2, a continuación do exitoso xogo no que tes que desconxelar a uns paxariños botándolles auga enriba. Enchendo as ánforas gañarás máis puntos.



Aqueles xogadores que desexan poñer a súa habilidade cunha proba máis existente propoñemos Doctor Acorn, onde teredes que levar a unha bellota ata o final do xogo utilizando diversos mecanismos. Recoller as bellotas douradas abrirán un minixogo final. Serás quen de tal logro? Non sei eu...



E de regalo para os máis futboleros



E o próximo día a traballar a reo!

miércoles, 8 de mayo de 2013

pracTICa 16: WIX



WIX é unha ferramenta (semi)gratuíto e online deseñado para facilitar a creación e hospedaxe de páxinas web feitas con tecnoloxía Flash e/ou Html5.

Un pouco coma o blogger, baséase en plantillas que podedes escoller e modificar en infinidade de xeitos.

Como bo producto da web 2.0, trátase de que o usuario proporcione os contidos (textos, imaxes, animacións, etc) e WIX fai a estrutura sen necesidade de saber nada de programación.

miércoles, 10 de abril de 2013

Colección de programas e recursos orientados á creatividade



Selección de programas en liña

Prezi
Prezi
Presentacións baseadas en zoom en lugar de páxinas
Glogster
Glogster
Crea glogs (cartaces, pósters) con elementos dinámicos
KooWall
KooWall
Crea muros para pegar imaxes, textos, vídeos etc.
Dipity
Dipity
Gráficas documentais baseadas nunha liña cronolóxica
NetVibes
NetVibes
Escritorios personalizables, con ligazóns e gadgets
Soundation
Soundation
Editor e mesturador
en liña de pistas de audio






GifMake
GifMake
Animacións Gif a partir de imaxes do noso ordenador ou da web
PhotoScape
PhotoScape
Editor bastante completo de imaxes fotográficas
PicMonkey
PicMonkey
Axuste de fotografías, substituto do desaparecido Picnik
Picjuice
Picjuice
Outro editor de fotos moi básico
Pixton
Pixton
Comics con personaxes prediseñados
PhotoPin
PhotoPin
Busca imaxes con licencia Creative Commons






GG Webstart
GeoGebra
Versión en liña de GeoGebra
NttCAD
NttCAD
Aplicación CAD en liña que funciona en java
Mongge
Mongge
Exercicios xeometría para reproducir como animación
Wix
Wix
Crea web tipo Flash, sen coñecementos de programación
Free Screencast
Free Screencast
Grava pantalla e/ou webcam e publica o vídeo na web
TeacherTube
TeacherTube
Alternativa a YouTube orientada ao ensino






Outros recursos para Deseño Gráfico

lunes, 8 de abril de 2013

O Xogo da Semana: Sticky Blobs

En  STICKY BLOBS  terás que controlar unhas amebas que se reproducen por mitosis, e que non se poden desprazar.
Poderás ir creando un camiño de amebas reproducíndoas e regresando o material constituínte se as destrúes, coa meta de acadar o amoroto.

jueves, 14 de marzo de 2013

pracTICas 11, 12, 13 e 14: Inkscape

Práctica 11: Caligrama. 
Usando as ferramentas de poñer texto en traxecto e fluir no marco, deseñade un caligrama.

Práctica 12: Tarxeta de Visita.
Usando unha das plantiñas do Inkscape, combinade cores, texto e imaxes para facer unha tarxeta de vista.

Práctica 13: Tipograma. 
Usando as letras que compoñen o voso nome, e apelidos se vos prace, debuxade unha forma recoñecible. Podedes cambiar a tipografía, o tamaño, color, rotar.

Práctica 14: Debuxo cunha forma.
Escollede unha forma básica, como pode ser o círculo, elipse, cadrado, rectángulo, triángulo, etc... e usando as copias que queiras, as cores que queiras e as operacións booleanas, como sumar, restar, intersectar, etc.. que queiras... facede un debuxo recoñecible.

miércoles, 27 de febrero de 2013

RECURSOS gratuítos na rede

Open Clip Art Gallery. Un sitio web que contén unha inxente cantidade de deseños e gráficos vectoriais ofrecidos de forma libre pola e para a comunidade. O formato no que están os deseños é o formato libre SVG.

 Banco de Imaxes e Sons. Un espacio web do Ministerio de Educación e Ciencia que nos ofrece miles de imaxes vectoriais e de mapa de bits (asemade, sons e incluso vídeos) libres de dereitos de autor para que poidades empregar do xeito que máis os guste.

De logo a logo. Manual sobre o uso de Inkscape e centrado sobre as súas posibilidades no campo do deseño de logotipos realizado por Joaclint Istgud.

Brandnew. Páxina en inglés que amosa os cambios nos deseños dos logotipos de innumerable empresas, grupos, comercios, etc... ó longo do tempo.

Brands of the World. Páxina en inglés que recolle innumerables logotipos de marcas de todo o mundo. Se presentan vectorizadas e listas para usar.

Os 10 mellores logotipos nunha banda de rock segundo a revista Rolling Stone.

Vectors for Free. Unha extensa colección de imáxenes vectoriais gratuítas para empregar nas vosas creacións. En inglés.

Logotypes. Outra páxina repleta de logotipos das principais marcas do mundo. É unha páxina rusa, pero poño o enlace á súa versión en inglés. Xa ten os seus anos.

LETRAMANIA. Miles de tipos de letra para descargar de forma gratuíta. ___________________
Más índices:
También puedes probar en:

Yotophoto Free photos search engine

jueves, 14 de febrero de 2013

O Xogo da Semana: Kings Game 2 e Frogout

Rematada xa a resaca do Antroido, e en vistas dun día pouco productivo, disfrutemos dos seguintes xogos:

KINGS GAME 2

Usa as catapultas para destruír ós enemigos

FROGOUT

Eres unha rá. Usa a túa lingua para pegarte ás cousas e chegar ás moscas para comelas. Que aproveite.

Contenido EXTRA:

CAT AROUND EUROPE

Eres un gato ó que lle encanta comer. Elimina os elmentos do escenario que separar ó gato da súa comida.

lunes, 4 de febrero de 2013

Recuperando a tradición no Entroido: Xoves de Abadesas

As Asociacións MAREARTE e PETRONILO recuperan, neste documental, a vella tradición boirense do Xoves de Abadesas, esquecida nos entroidos actuais.

Conta a lenda que na Abadía de San Enrique escondían ás donas para estar a salvo dos seus pretendentes, pero que no Entroido a chamada da carne sublimábase nunha noite de desenfreno, onde os mozos vestidos de monxas e abadesas, desafiaban os límites do encerro das súas amadas.

Este Xoves realizarase unha Romería Tabernaria conmemorando e revitalizando tan descoñecido e lúdico evento.



lunes, 28 de enero de 2013

O(s) Xogo(s) da Semana: Collider e Rolling Home

Ola.
Preséntovos o máis complicado de todos os xogos: Collider.

Nel deberás dispor as esferas negativas e positivas de xeito que ó chocar entre elas se anulen. Ganas o xogo cando non quede ningunha no escenario.

Ás veces o escenario é móbil, con interruptores que accionan mecanismos. Se eres quen de completalo, poderás considerarte un mestre dos xogos flash. (a min costoume un bo cacho a partir do nivel 15)

Sen máis. O grande reto.

_______________________________________________________________________________________ Rolling Home (Home é fogar en inglés, non a persoa de sexo masculino) é un xogo de físicas onde pulsando sobre os obxetos os faremos sensibles ás forzas do rozamento, gravidade, etc.

Recolle as estrelas e fai que o bicho redondo caia en casa.

martes, 8 de enero de 2013

PracTICa 10: Anímate co GoAnimate

Esta semana imos xogar co GoAnimate, un servicio web que nos permitirá facer debuxos animados nun periquete, e incluso tunear a unha personaxe para que se pareza a nós.
Ainda que está en inglés, é moi intuitivo e visual, en ten moreas de opcións.

Os resultados pódense publicar na rede ou directamente nalgúns dos máis populares servizos de comunidade, como Facebook e similares.

Hay que rexistrarse para poder utilzalo, o que requerirá que usedes a conta de correo electrónico que creádeches para a asignatura en gmail.

Accedede dende eiquí: GoAnimate

Podedes atopar máis información sobre a aplicación e tutoriais na rede tecleando "goanimate" no teu buscador favorito.

GoAnimate.com: Presentación by Pascual

Like it? Create your own at GoAnimate.com. It's free and fun!

A tarefa.

O que tendes que facer é redactar un traballo para unha das asignaturas que cursades, utilizando en vez da narrativa habitual unha animación feita co GoAnimate.

Por exemplo, en Economía podedes explicar os dereitos do traballador, ou en Música a vida de tal compositor, ou os pasos que ten unha sinfonía, ou en Grego podedes falar das declinacións,etc... as posibilidades son infinitas.

Antes de acometer o proxecto, tendes que explicarme o que queredes facer para ver se é viable. Lembrade que se trata dun traballo de primeiro de bacharelato, circunscrito ó contexto do instituto, polo que deberedes coidar tanto a linguaxe empregada (palabrotas non) como a ortografía.

Ah, sería interesante que o traballo sexa visto tamén polo profesor encargado da asignatura en cuestión. O ideal sería que fose por si mesmo un traballo como calquera outro que facedes a cotío, puntuable e todo iso,... pero supoño que moitos profesores non están preparados aínda para o multimedia, ainda que quizá nos sorprendería.

Por último, insistir en que coidedes a calidade do traballo, sen copias descaradas da primeira referencia que atopades no google, e coa suficiente profundidade para que non pense que en realidade isto é 5ª da ESO.

Veña, sorprendédeme. Adiante coa creatividade ;)

Data de Entrega: por determinar

Un exemplo chorras: Ryu vai á sauna

GoAnimate.com: Ryu va a la sauna by Pascual

Like it? Create your own at GoAnimate.com. It's free and fun!