jueves, 29 de noviembre de 2012

O Xogo da Semana: 99 ladrillos, a lenda de Garry

Imos a relaxarnos antes da ponte cun xogo de habilidade e estratexia.

Por todos é coñecido o feito de que non todo na vida é traballo (cousa que me consta que sabedes ben), polo que comezaremos a tradición de probar un xoguiño en flash de cando en cando.

Neste caso tócalle o turno a 99 Bricks: Legend of Garry.
Trátase dun xogo moi similar ó célebre TETRIS, no que diferentes pezas compostas por catro bloques caen pouco a pouco, tendo nós que movelas e rotalas de xeito que encaixen correctamente, para así poder acadar unha certa altura determinada por cada nivel.

Os controles básicos son as flechas do cursor do teclado, movendo de esquerda a dereita coas teclas respectivas e rotando coa flecha que apunta a arriba.

martes, 20 de noviembre de 2012

PrácTICa 06: Planetoide co filtro de coordenadas polares, coloreado de fotos antiguas., efecto DRAGAN

Utilización do filtro de coordenadas polares do Gimp para simular un planetoide a partir dunha paisaxe panorámica.

1.- Collemos unha foto panorámica coidando ben que exista un primeiro plano se demasiado detalle, un plano medio no horizonte e un fondo (de nubes, estrelas ou o que sexa). É importante imaxinar que a foto vai a encaixar o lado esquerdo co lado dereito, como se fixésemos un tubo cunha fotografía, e que os bordes coincidan ó máximo.

2.- Imos a Capa>Transformar>Desplazamento e desplazamos a imaxen no eixo X, que corresponde co horizontal, un número de píxels apropiado. Se a nosa foto mide 2000 px de ancho, podemos desplazala 1000 px, por exemplo. A idea é que a "costura" entre os bordes da foto sexa visible e traballable.

3.- Alternando o uso de pincel de sanear e o tampon de clonar, pulimos a costura ata facela desaparecer.

4.- Convertimos a foto en cadrada, aumentando o lado máis pequeno de forma que coincida con lado maior. Iso faise en Imaxe>Escalar a Imaxe. Temos que ter en conta que hai que romper o eslabón da cadea que mantén as proporcións.

5.- Dámoslle a volta á imaxe. Unha forma sinxela de facelo é rotándoa 180º, cousa que podemos facer por exemplo dende Imaxe>transformar>rotar 180º

6.- Aplicamos o filtro de coordenadas polares, que é o terceiro do menú Filtros>Distorsións>coord polares.

7.- Xa casi está, agora só queda pulir a imaxe, enchendo os ocos cun fondo consistente.

8.- Adicionalmente, teredes que usar unha foto invertindo o efecto das coordenadas polares, de xeito que o ceo quede no interior do círculo, por exemplo, cun grupo de persoas.


INSPIRACIÓN: Fotografías coloreadas.
Escolle unha fotografía clásica en branco e negro e coloréala usando o modo de fusión multiplicar




Atoparalas AQUÍ



EFECTO DRAGAN


Andrej Dragan é un fotógrafo especializado en retratos que desenvolveu unha forma moi especial de tratamiento das imaxes que o fixo internacionalmente coñecido e imitado.

O chamado "Efecto Dragan" ou "Draganizado" modifica as fotos para engadirlle un dramatismo e unha intensidade moi especial, como poderedes ver na súa web persoal.

Como bo artista, nunca explicou o séu segredo, pero moita xente desenvolveu métodos cos cales achegarse ós séus resultados.


Imos a ver como simular o seu sistema de traballo usando o Gimp. Para iso é necesario haber dominado a aplicación do filtro de paso alto que vimos na actividade anterior.


PASOS A REALIZAR:

1- Abrimos a imaxe e a duplicamos dúas veces. Ocultamos a capa de abaixo de todo para non modificala (Será a nosa imaxe orixinal)

2- Imos a enfatizar a mirada. Para elo escollemos o modo de fusión "pantalla", e utilizaremos unha máscara de capa para que o efecto só se aplique ós ollos.

 Cando estemos satisfeitos co resultado combinaremos as dúas capas.

3- Duplicamos de novo a capa resultante. E sobre a capa de arriba aplicaremos o efecto de Paso Alto que vimos no exercicio anterior. Pódese facer a man ou ben cun plug-in especializado. Se non, podemos usar o filtro

4- A capa co filtro de paso alto ímola combinar coa de abaixo no modo "claridad fuerte". Usaremos unha máscara de capa para aplicar o efecto ás zonas que nós queramos da fotografía.

5- Imos a desaturar a capa de abaixo. Facemola visible e imos a Colores- Desaturar.

6- Combinamos todo e listos. Opcionalmente poderemos crearlle un viñeteado, que se pode facer de varias formas que xa vos explicarei.

Fotos coas que experimentar



martes, 13 de noviembre de 2012

O Xogo da Semana: Wake Up the Box

Véxovos apagados, con sono, a medio dormir... Espabilade porque é o momento de... ¡Despertar á caixa!

Un xogo de físicas no que deberás manipular o entorno, colocando elementos nese espacio, de xeito que despertes ás durmidas caixas.

Os obxectos obedecerán ás leis físicas, como gravidade, fricción, etc...



¡E de regalo, Wake Up the Box II!

lunes, 5 de noviembre de 2012

PracTICa 05: Crear unha presentación online

Na seguinte práctica teremos que crear unha presentación online e incrustala no Blog.

A presentación terá que tratar sobre un tema que estudases nunha clase, deste ano ou doutro.
Para iso, teredes que escoller un tema, facer un resumo, pensar a maneira de dividilo en diapositivas e buscar ou xerar os gráficos necesarios.

O número mínimo de diapositivas será doce, incluíndo a carátula. Na diapositiva final poredes a bibliografía ou cibergrafía utilizada para facer o traballo, os créditos e os agradecementos. Iso vos deixa dez diapositivas mínimas para por os contidos.

Os contidos poden ser imaxes e textos, debendo existir un equilibrio entre ambos.

Os textos deberán ser redactados por vós, en galego ou castelán, pero non facendo copiar e pegar da rede, pois iso suporá a anulación do traballo.

As imaxes deberedes citar de onde as sacades e poñelo na cibergrafía.

Os contidos serán maduros e ben formulados, sodes estudiantes da última etapa de secundaria e xa tendes un nivel, que se vexa.